A obra Todo pasa valeulle a Laura López Drusetta facerse co Premio de novela curta Antón Risco, que convoca a Fundación Vicente Risco. A autora recibirá un premio de 3.000 euros en metálico e verá publicado o seu traballo no selo editorial Doutor Alveiros.
O xurado desta edición do certame estivo composto por SerafÃn Alonso Pintos, Luis González Tosar (por delegación), Cándida Prieto Alonso (por delegación), Xosefa Salgado Robles e Jorge Temes Montes, con Ana Gloria RodrÃguez Alonso como secretaria. O fallo salienta "unha trama histórica motivadora que mestura o presente e o pasado con protagonismo dunhas personaxes femininas que defenden o seu".
Pola súa banda, o Premio Manuel MurguÃa de Narracións Breves, que convoca o Concello de Arteixo, foi para AntÃa Yáñez polo relato As regras. A autora recibirá un premio en metálico de 4.000 euros por este traballo. Canda a ela, foron galardoados Óscar Reboiras, que obtivo o segundo premio de 2.000 euros por Roxos e Clara do Roxo, que leva 1.000 por As guerras pequenas. As tres obras serán publicadas polo concello.