Roberto Rodríguez González álzase co premio de Narracións Breves Manuel Murguía

O gañador recibirá 4.000 euros en metálico e verá a súa obra publicada

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Concello de Arteixo daba a coñecer este 11 de maio nunha gala o fallo do XXXII Certame de Narracións Breves Manuel Murguía. A obra Sinfonía a 3 voces sobre unha cidade a tumba aberta de Roberto Rodríguez González foi seleccionada polo xurado como vencedora desta xeira. O gañador recibirá 4.000 euros en metálico. Levidade de Agustín Agra Barreiro, fíxose co segundo posto, dotado con 2.000 euros, mentres Inmaculada Núñez Núñez conseguiu o terceiro premio, dotado con 1.000, con Endodoncias.

Ademais, os tres traballos, que foron seleccionados entre 55 concorrentes ao certame, serán publicados. O xurado estivo composto por Ana Cabaleiro López, Esperanza Luz Mariño Davila, José Ignacio Silva Regueira, gañador da anterior edición e Alfredo Ferreiro, director literario do Certame, que actuou como secretario.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Murguía, Agustín Agra, Sinfonía, Concello de Arteixo...

Claves

Conceptos
Lugares