Chega ás librarías o último Premio de Novela Curta Antón Risco

O portugués Nuno Gonçalves impúxose no certame con Reflorestação

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Chega ás librarías o último Premio de Novela Curta Antón Risco

A sede da Fundación Vicente Risco en Allariz acolleu este 15 de novembro a presentación do traballo gañador do X Premio de Novela Curta Antón Risco. Reflorestação do portugués Nuno Ricardo Moreira Gonçalves chega ás librarías da man da propia Fundación na colección Doutor Alveiros.

O fallo do certame, que se produciu o pasado mes de xullo, valeulle a Gonçalves facerse cos 3.000 euros en metálico do premio. O xurado estivo composto por Francisco Javier Fernández Davila, Concepción Fernández Vázquez, Jonathan Pérez Pérez e mais Purificación Araújo Quinteiro e Luís González Tosar, que actuaron por delegación, con Ana Gloria Rodríguez Alonso como secretaria sen voto.

Segundo apuntou a Fundación Risco, o comité valorou "a calidade literaria do texto, cunha temática de corte fantástico e actual que convida á reflexión. Subliñouse tamén o bo tratamento narrativo, o enfoque da obra e o uso equilibrado do humor". A obra propón unha distopía no que as árbores comezan a medrar no medio das cidades e reclaman o territorio ocupado pola humanidade.

Que che parece esta nova?
111 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Risco, Portugués, Vicente Risco, Fundación Vicente Risco...