Un ensaio sobre tecnoloxía outórgalle a Henrique Neira o premio Risco de Ciencias Sociais

Do aritmómetro á computación cuántica repasa as contribucións á informática e á comunicación desde o noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Henrique Neira. Fonte: Web do autor.

Henrique Neira. Fonte: Web do autor.

A XXVII edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais foi para o xornalista e investigador Henrique Neira. O xurado do galardón que convoca a Fundación Risco recoñeceu o seu traballo Do aritmómetro á computación cuántica. Como as máquinas de cálculo, informáticas, robóticas e de comunicación transformaron Galicia nun século e medio. O premio conta cunha dotación económica de 6.000 euros.

O xurado destacou que a obra repasa "unha historia que aposta pola modernidade e polo futuro dende Galicia. Unha panorámica da contribución das galegas e galegos ao avance das máquinas calculadoras, da programación informática, da robótica, dos satélites e da intelixencia artificial, todo isto encadrelado con abondosas referencias literarias".

Teresa Devesa, Xaquín Vázquez, Carmen Villarino, Xosé Henrique Costas e Isabel Mociño foron os responsables da selección, e destacaron a alta calidade dos dez traballos presentados ao certame. O xurado outorgoulle tamén un accésit a obra Sobreviver na palabra escrita á trajectória.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Henrique Neira, Tecnoloxía, Ensaio, Vicente Risco...