Un estudo sobre a pesca fluvial en Galicia leva o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais

A pesca coma cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A importancia patrimonial das pesqueiras, caneiros ou pescos no noso país é o eixe de “A pesca fluvial en Galicia”, obra coa que Xosé Lois Ladra gañaba sábado o VIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. O xurado valorou o enfoque multidisciplinar da obra e a súa orixinalidade temática, xa que é a primeira vez que se tratan en conxunto as comunidades pesqueira de Herbón, Portomarín e Arbo, onde son habituais este tipo de construción. A obra verá a luz proximamente da man da editora Sotelo Blanco, e o gañador recibirá seis mil euros de premio.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Sotelo Blanco, Portomarín

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares