Laura Tato leva o Vicente Risco de Ciencias Sociais

O ensaio premiado analiza a produción dramática de Otero Pedrayo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Do teatro ao cinema. Obras dramáticas e guións de Ramón Otero Pedrayo é a obra coa que Laura Tato se facía esta fin de semana co XVIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. A gañadora levará 4.000 euros de premio e verá publicado o seu traballo na editorial Sotelo Blanco. O xurado destacou a aproximación de Tato á produción dramática de Pedrayo, desde obras teatrais na liña das vangardas europeas ata guións para cinema xa na década dos 50. Asimesmo, apuntou o incremento de obras que se presentaron a esta edición e mais a súa calidade.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, Cine, Ensaio, Ramón Otero Pedrayo...

Claves

Entidades
Conceptos