O Premio Otero Pedrayo, co que as deputacións provinciais e a Xunta recoñecen "persoas ou entidades egrexias no campo das letras e do coñecemento" foi este ano para catro fundacións. O xurado do galardón atendeu a proposta do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e outorgoulle o premio ás catro fundacións que defenden o legado de Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Losada Diéguez e Castelao. Segundo baltar, o recoñecemento pon en valor "o encomiable esforzo e dedicación que levan a cabo estas fundacións para manter vivo o pensamento e a obra destes grandes das nosas letras, intelectuais da Xeración Nós, que puxeron a Galicia en Europa". As entidades repartirán os 16.000 euros con que está dotado o galardón.
Outorgáronse ademais senllas mencións de honra para o Museo Arqueolóxico de Ourense, como "institución de carácter público que soubo recoller o maxisterio de Florentino L. Cuevillas", e mais para o Concello de Cambados, "sustentador do museo na casa natal de Ramón Cabanillas". A entrega do galardón desenvolverase o vindeiro 30 de outubro en Ourense, se a situación sanitaria o permite. Desde a Xunta destácase que a concesión coincide coa celebración do centenario da revista Nós.