Os escultores Acisclo Manzano e Manuel Buciños levan o premio Otero Pedrayo 2016

O galardón que convocan as deputacións está dotado con 16.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O Premio Otero Pedrayo, que organizan as catro deputacións galegas e que convocou nesta ocasión a cámara ourensá, foi na súa edición de 2016 para os escultores Acisclo Manzano e Manuel Buciños. Por vez primeira na historia do galardón o xurado pronunciouse por unanimidade a favor dunha proposta quexurdiu da propia Deputación de Ourense a recoller e ampliar unha candidatura avanzada pola Fundación Vicente Risco. O galardón, que se concede ex-aequo, conta dunha dotación de 16.000 euros e pretende "perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo, premiar un labor que constitúe unha contribución eminente á cultura galega, e promover os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanía e institucións".

O comité responsable da selección, que fixo onte público o seu ditame, considera que os dous artistas son "escultores de sona internacional, presentes e recoñecidos polas súas obras en coleccións públicas e privadas dos principais museos e centros artísticos de Galicia, España, Europa, América e, mesmo en Asia". Ademais, salienta a súa conexión coa Xeración Nós e co propio Pedrayo. "Son, polo tanto, oterianos convictos e confesos", apunta a acta da concesión.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Buciños, Acisclo Manzano, Vicente Risco, Deputación de Ourense...