Arcadio López Casanova é recoñecido co Premio Otero Pedrayo

O galardón recoñece a carreira literaria do lucense

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Fonte: Galipedia

Fonte: Galipedia

O escritor lucense Arcadio López Casanova foi galardoado onte co Premio Otero Pedrayo en recoñecemento á súa carreira literaria. O galardón que entregan anualmente a Xunta, a Real Academia, as catro deputacións, as universidades e mais o Instituto Padre Sarmiento está dotado con 30.000 euros e quere recoñecer a persoas e institucións que fan unha contribución eminente á cultura do país e aos seus valores. A Deputación de Lugo, que corría este ano coa organización do galardón, foi quen fixo público o acordo do xurado.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arcadio López Casanova, Instituto Padre Sarmiento, Deputación de Lugo, Ramón Otero Pedrayo...