A Deputación de Lugo acollÃa este xoves 12 de novembro a reunión do xurado do Premio Otero Pedrayo, que recoñece "persoas ou entidades egrexias no campo das letras e do coñecemento" e quere promocionar "os valores propios de Galicia e as obras que leven ao esclarecemento e a mellora da súa cidadanÃa e institucións". O comité acordou outorgarlle este galardón ao historiador Ramón Villares e mais ao escritor Paco MartÃn, que repartirán os 16.000 euros con que está dotado o premio.
O xurado estivo composto por representantes da Xunta de Galicia, das catro deputacións provinciais, das tres universidades, da Real Academia Galega, do Instituto Padre Sarmiento e da Fundación Otero Pedrayo. O secretario xeral de Cultura Anxo Lourenzo e a vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro exerceron como presidente e vicepresidenta. Os galardoados recollerán o seu premio nun acto que se desenvolverá o vindeiro 20 de decembro na sede da Deputación Provincial de Lugo.
Este é o segundo ano consecutivo en que o premio se reparte entre dúas persoas, logo que na última edición se lle concedese a AntÃa Cal e a MarÃa Xosé Queizán.