A pedagoga e ensinante AntÃa Cal (La Habana, 1923) e a escritora Mª Xosé Queizán (Vigo, 1939), son as gañadoras do Premio Otero Pedrayo que hoxe se fallou no Pazo de Mariñán, convocado polas catro deputacións e a Xunta de Galicia e organizado nesta edición pola Deputación da Coruña. O premio está dotado con 16.000 €. O Premio Otero Pedrayo recae por primeira vez en dúas mulleres, pioneiras no mundo do ensino e do uso do galego na escola no caso de AntÃa Cal e na defensa dos dereitos das mulleres desde todos os ámbitos, de maneira especial desde o literario, ensaÃstico e activista, Mª Xosé Queizán. O presidente da Deputación da Coruña que por quenda convocaba o premio este ano, ValentÃn González Formoso, valorou que "o Premio Otero Pedrayo recae en dúas mulleres con traxectorias sólidas e comprometidas coa nosa cultura e o noso paÃs, con biografÃas que falan dun traballo inmenso, desenvolvido en distintos ámbitos como son o ensino e a literatura". O obxectivo do premio é, ademais de perpetuar e honrar a memoria de Otero Pedrayo no campo das letras e o coñecemento, premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura galega e promocionar os valores propios de Galiza e as obras que leven ao esclarecemento e á mellora da súa cidadanÃa e institucións.