A Fundación Barrié faise co Premio Otero Pedrayo pola súa contribución á cultura

Barrié Pedrayo

A Fundación Barrié fíxose coa edición 2001 do Premio Otero Pedrayo, que premia cada ano a contribución de institucións ou persoas á cultura galega. O premio é convocado cada ano por cada unha das catro deputacións provinciais e está dotado con cinco millóns de pesetas.





Barrié Pedrayo




A Fundación Barrié faise co Premio Otero Pedrayo pola súa contribución á cultura


A Fundación Barrié fíxose coa edición 2001 do Premio Otero Pedrayo, que premia cada ano a contribución de institucións ou persoas á cultura galega. O premio é convocado cada ano por cada unha das catro deputacións provinciais e está dotado con cinco millóns de pesetas.




Xurado

A convocatoria desta edición do premio correu a cargo da Deputación de Pontevedra,e foi na Ciadade3 do Lérez onde onte pola tarde se decidiu quen se faría co certame. A decisión tomouse por maioría baixo a presidencia de Manuel Abeledo, presidente da Deputación de Pontevedra, asistido polo director xeral de Promoción Cultural da Xunta, Homero Pérez Quintana.
O xurado estivo composto por quince membros entre os que se atopaban destacados persoeiros do mundo cultural galego coma o académico Xosé Luis Franco Grande, o decano da Facultade de Humanidades de Ourense Xosé manuel Cid Fernández, o catedrático de Literatura Española Luis Iglesias Feijóo ou Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director do Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento".












O premio


O Premio A Temas de Interés de Galicia Otero Pedrayo instituiuse en 1977 para "perpetuar e honrar a memoria do egrexio home das letras", "premiar un labor que constitúa unha contribución eminente á cultura galega" e "promocionar os valores propios de Galicia e as obras que leven ó esclarecemento e á mellora dos seus homes e institucións".
As candidaturas poden ser presentadas por persoas, grupos de traballo ou insitucións respecto de si mesmas, por asociacións respecto dos seus membros ou pola Xunta, as Deputacións ou o propio xurado.
A contía do premio foi variando ó longo da súa historia, chegando nesta ocasión ás cinco millóns de pesetas.
Foron galardoados co Otero Pedrayo institucións coma o Museo do Pobo Galego, a Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón, o Museo de Pontevedra, o Instituto "Padre Sarmiento" ou Instituto da Lingua Galega entre outras.
A nivel de persoas, teñen obtido o premio Carlos Casares, Filgueira Valverde, Antón Santamarina, Darío Xohán Cabana, Uxío Novoneyra, Díaz Pardo, Antón Fraguas, ou Fernández del Riego, sendo galardoado na edición do 2000 Miguel Anxo Araújo Iglesias, bispo emériito de Mondoñedo-Ferrol.













A Barrié








A Fundación Barrié naceu en 1966 por iniciativa de Pedro Barrié de la Maza, conde de Fenosa. Desde 1971 a súa viúva, Carmela Arias y Díaz de Rábago fíxose cargo da dirección da entidade.
A Fundación defínese coma "ó servicio do desenvolvemento de Galicia desde unha perspectiva global" e traballa "nos ámbitos da educación, investigación, cultura e servicios sociais".
O patrimonio da fundación rolda os cen mil millóns de pesetas e, segundo sinala na súa páxina web, dedicou desde a súa fuanción 30.000 millóns de pesetas ós seus distintos eidos de actuación.