O escritor Marcos Valcárcel faise co premio Otero Pedrayo

O galardón, dotado con 30.000 euros, está convocado polas deputacións

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O xurado do Premio Otero Pedrayo decidiu esta mañá en Ourense recoñecer co galardón ao historiador e escritor Marcos Valcárcel. O Otero Pedrayo está dotado con 30.000 euros e recoñece o traballo a prol da difusión da nosa cultura. O fallo do xurado, que foi por unanimidade, sinala que Valcárcel é un “punto de referencia do presente e o futuro da cultura galega" e recoñece a súa longa traxectoria "como investigador, erudito e divulgador". O xurado do premio está composto por representantes da Xunta de Galicia, das catro deputacións, das universidades de Vigo, Santiago e A Coruña e mais da Real Academia Galega.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Marcos Valcárcel, Xunta de Galicia, Real Academia Galega, Vigo...