Cultura distribúe 250.000 euros para equipamento e locais de asociacións e fundacións

As fundacións Neira Vilas, Castelao, Manuel María, Otero Pedrayo ou Vicente Risco reciben fondos

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Un total de 86 entidades resultaron beneficiadas da resolución das subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria da Consellaría de Cultura cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea. Entre as entidades beneficiarias están a fundacións dedicadas a Neira Vilas, Castelao, Manuel María, Otero Pedrayo e Vicente Risco e entidades como o Ateneo de Santiago, Amigos dos Museos de Galicia, a Fundación Coren ou a Aquae Querquennae-Via Nova.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Castelao, Vicente Risco, Manuel María...