Cultura convoca axudas para as fundacións

Destina 250.000 euros cofinanciados con fondos Féder

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Mellorar tanto o equipamento como as instalacións das fundacións culturais. Este é o cometido da liña de axudas que acaba de sacar a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A convocatoria, cofinanciada ao 80% con fondos féder, é de 250.000 euros. Deste xeito, como di o texto da resolución, preténdese “favorecer o desenvolvemento de actividades culturais a través do investimento en equipamento e na mellora e acondicionamento dos locais das asociacións e das fundacións cunha programación cultural estable que radiquen ou teñan a súa sede en Galicia”.

Esta liña de axudas complementa a convocatoria feita no mes de maio para fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que ten por obxecto a realización de programas e actividades culturais en 2013 cun importe de 350.000 euros.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Educación

Claves