Cultura abre as axudas para locais de fundacións e asociacións

A convocatoria de 2011 fora anulada pola Consellaría de Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia do pasado venres publicaba a convocatoria das axudas para o equipamento e mellora dos locais de fundacións e asociacións culturais. Cunha contía de 300.000 euros, esta liña de axudas permitirá acceder a apoios de ata 30.000 euros por entidade, dos que un tezo poderán ir a mobiliario e o resto a tarefas de acondicionamento. Esta fora unha das liñas de axuda que a Consellaría de Cultura anulara o pasado ano, meses despois da súa convocatoria. Desta volta mantén a contía coa que contaban as axudas en xaneiro de 2011.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións

Claves

Conceptos