Cultura convoca as axudas a asociacións e fundacións

Distribuirán 350.000 euros para dinamización cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

"Garantir unha programación cultural diversa e de calidade para a cidadanía, favorecendo a cohesión territorial e social" é o obxectivo da liña de axudas que acaba de facer pública a Consellaría de Cultura. Fundacións, entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro poden optar á convocatoria que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia e que distribuirá un total de 350.000 euros. A repercusión social das iniciativas, a súa continuidade, a implicación doutros axentes ou a experiencia das entidades son algúns dos criterios que se valoran na convocatoria. Esta liña de axudas levaba sen se activar desde 2011, ano no que se chegou a revogar a súa convocatoria.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións

Claves

Conceptos