O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aresolucion das axudas a fundacións, asociacións e entidades culturais destinadas á realización de programas culturais para 2013, que distribúe 350.000 euros entre 115 entidades. Entre as máis beneficiadas desta convocatoria están a Fundación Vicente Risco, a Novacaixagalicia ou a Asocaiación Folclórica O Fiadeiro, todas elas con 9.900 euros de axuda. Séguenas entidades como Ponte nas Ondas, con 9.098 euros, a Federación Coral Galega, que recibe 9.075 ou a Federación de Teatro Afeccionado, que levará 8.910.
No entanto, distintas entidades beneficiarias xa anunciaron a súa intención de renunciar a estas axudas. O motivo é o requisito de ter que xustificar o total do orzamento investido, independentemente da contÃa recibida. É dicir, se unha entidade solicitaba 1.000 euros para unha actividade de 6.000 e recibiu unicamente 200, ten que xustificar os 6.000, o cal dificulta flexibilizar as actividades segundo os fondos dispoñibles, tal e como se pode facer noutras convocatorias.