A Deputación da Coruña distribúe 885.000 euros en axudas a entidades culturais

A Área de Cultura da entidade fallou as súas axudas para a realización de actividades

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicaba onte a resolución das axudas que a Área da Cultura da Deputación destina a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades culturais. En total, a entidade distribuíu 885.763 euros entre trescentos colectivos da provincia. En concreto as axudas están concedidas a 286 entidades, con 10 máis pendentes de completar documentación e 23 excluídas por incumprir as bases da convocatoria.



O Ateneo de Santiago, con 14.000 euros, a Asociación Albatros, con 13.000, Barbantia (10.000), a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (27.500), a organizadora das Carrilanas de Esteiro (10.000), a Asociación Mestre Manuel Gacio (12.135), A asociación Ais (10.647), a Asociación Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale (17.500), a Asociación Extramundi (12.500), A Asociación Lírica de Galicia (12.500), a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (25.000), o proxecto Máscaras (13.032), a Asociación Semente de Trasancos (20.000), a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (27.500), Música en Compostela (10.675), Númax (13.160), Stop Accidentes (15.500), Federación Galiza Cultura (11.540) e a Institución Galega de Ciencia (10.000) foron as entidades máis beneficiadas do reparto.