Un total de 2.580.000 euros, trescentos mil menos que en 2020, é o investimento que a Área de Cultura da Deputación da Coruña distribuirá nas seis liñas de axuda para entidades non lucrativas neste 2021. O Boletín Oficial da Provincia do pasado 31 de decembro publicaba as bases destas convocatorias, que polo momento non abriron o seu prazo de presentación. Entre elas, a liña destinada a "actividades de fundacións e entidades privadas sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas" incrementa en 50.000 euros os seus fondos ata os 500.000 euros. As subvencións a actividades culturais de entidades non lucrativas baixan outro tanto e fican con 900.000 euros, mentres as de investimentos para estes colectivos mantéñense en 300.000.
Ao igual que o pasado ano, corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato da provincia contarán cun orzamento de 480.000 para os seus programas de actividades e 200.000 para investimentos. Tamén se mantén a contía destinada a "entidades que representan os distintos sectores profesionais e amadores da cultura galega", que contarán con 200.000 euros.
A maiores, a Área de Cultura anunciou a vindeira convocatoria doutras cinco liñas de axuda ao sector cultural, orientadas a "contratación de persoal nos concellos, dúas de festivais -unha para entidades e outra para concellos- e dúas para o sector privado, para proxectos de especial interese e para difusión de produtos audiovisuais en galego".