A Deputación da Coruña presentaba onte a convocatoria das súas subvencións a entidades sen ánimo de lucro. A seguir a liña dos últimos anos, preséntanse seis convocatorias que contan cun orzamento total de tres millóns de euros. A de "realización de actividades culturais por parte de entidades sen ánimo de lucro de natureza cultural, veciñal, socioeducativa ou asistencial", cun millón de euros, é a liña que achega máis fondos. Séguea a de apoio á realización de festivais por parte destas entidades, dotada con 500.000. A mesma contÃa destÃnase para a "protección e posta en valor dos bens que integran os fondos patrimoniais daquelas entidades ou fundacións da Coruña que son titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas".
As actividades de corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego ou formacións musicais de grande formato poderán optar a programas especÃficos que cobren con 450.000 euros a realización de actividades e con outros 200.000 os investimentos. Finalmente, 300.000 euros irán destinados a apoiar os investimentos de asociacións e entidades sen ánimo de lucro.