A Deputación da Coruña ven de presentar no BoletÃn Oficial da Provincia as novas condicións e convocatoria de seis liñas de axudas en apoio a entidades sen fin de lucro encamiñadas ao levar a cabo actividades, festivais ou investimentos. Esta convocatoria supón unha reorganización das liñas e aparece máis adiantada que o pasado ano que se convocaron en maio. Máis de tres millóns de euros dedicará o ente provincial en total nestas seis convocatorias. Unha das principais novidades desta edición das liñas de axuda é a reorganización das entidades que concorren en catro ámbitos, un de natureza cultural, outro veciñal, outro educativa e outro social e asistencial. En todas as liñas, incÃdese máis aÃnda no reparto obxectivo das axudas, cun 70% de criterios cuantificábeis e un 30% de elementos de valoración como iniciativas ou proxectos que serán estimados por un comité de persoas expertas, alleas á Deputación. Festivais, actividades culturais ou investimentos son algúns dos obxectivos das subvencións.
O maior orzamento dos programas (1.100.000 euros) vai dedicado ao Programa de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para realizar actividades culturais. As entidades sen fins de lucro titulares de museos, centros de interpretación ou bibliotecas e a fundacións terán ata un máximo de 30.000 euros para as súas actividades culturais desde unha partida de 500.000 euros. Ata 80.000 euros de axuda poden chegar a ter as entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas. A liña de subvencións a festivais vai tamén encamiñada, de maneira especial, ao apoio indirecto da creación cultural galega xa que en todos os seus ámbitos requÃrese que o programa inclúa grupos e producións propias. Neste sentido, os festivais audiovisuais terán que incluÃr, cando mÃnimo, unha sección para producións galegas en V.O., os festivais musicais e de artes escénicas, cando menos 30% de actuacións de bandas e compañÃas galegas e os festivais de artes escénicas o 50% dos espectáculos teñen que utilizar a expresión oral en lingua galega. As entidades sen ánimo de lucro -culturais, veciñais, educativas e sociais e asistenciais- poderán optar tamén a unha liña para realizar investimentos culturais que a Deputación dota con 400.000 € cos que se poden subvencionar gastos como maquinaria, mobiliario, construcións, ou equipos para o proceso de información.