Co comezo do ano a Área de Cultura da Deputación da Coruña acaba de lanzar as súas convocatorias de subvencións para actividades culturais. En concreto, a entidade fixo públicas o pasado día oito as bases de oito liñas de subvencións, seis delas dirixidas a entidades sen ánimo de lucro. En concreto, convócanse as axudas para investimentos e actividades de entidades sen ánimo de lucro, dotadas con un millón e 300.000 euros respectivamente. As destinadas a fundacións titulares de museos, centros de interpretacións ou bibliotecas contan con 465.000 euros, mentres os subsidios a corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais de grande formato, suman 480.000 euros.
No campo das axudas á organización de festivais resérvase un millón de euros, mentres concellos e entidades locais contan cunha axuda de 360.000 euros para o mantemento de conservatorios, escolas de música e escolas de danza. En total, estas liñas contan cun orzamento total de 3 millóns de euros, dos cales 2 están dirixidos a entidades sen ánimo de lucro. O prazo de presentación de propostas rematará o vindeiro 15 de febreiro.
Pola súa banda, o BOP do día 9 recolle a convocatoria das liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos culturais singulares e a difusión audiovisual en galego. En concreto, a primeira destas convocatorias conta con 200.000 euros de orzamento, mentres a segunda distribuirá 125.000. Segundo adianta a área de cultura, a estas liñas sumaranse en breve as que teñen como obxectivo a contratación de persoal técnico por parte dos concellos de xestión cultural, animación sociocultural e museos e centros de interpretación.