O BoletÃn Oficial da Provincia de Pontevedra recolle este 1 de marzo as bases da convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro para a realización de actividades culturais. En total, o organismo destina 250.000 euros a esta liña coa que os colectivos poderán desenvolver "accións tendentes a mellorar a calidade das distintas manifestacións culturais, en especial as actividades dirixidas á reivindicación e á difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra".
O máximo previsto por solicitude é de 2.500 euros, e nas actividades que apoian inclúense "ciclos culturais, exposicións, encontros literarios ou xornadas arqueolóxicas" entre outras propostas.
Canda a esta liña, a Xunta de Goberno da entidade aprobou o pasado 27 de febreiro outra destinada a festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas que se celebran na provincia e que fan parte da marca RÃas Baixas Film Fest. O Festival de Cans (O Porriño), o Festival de Cine Inclusivo (Vigo), o Galician Freaky Film Fest (Vigo), o Primavera do Cine (Vigo), o FICBUEU (Bueu), PLAY-DOC (Tui), o Curtas Festival do Imaxinario (VilagarcÃa) e Novos Cinemas (Pontevedra) poderán optar a un total de 150.000 euros para as súas vindeiras edicións.
A mesma contÃa destÃnase a outra convocatoria, desta volta orientada a festivais musicais e de artes escénicas organizados por entidades sen fins de lucro. Canteira Fest, o IKFEM – Festival de Teclado da Eurocidade Tui-Valença, o Festival Internacional de Jazz de Cangas ou o Festival Internacional de TÃteres de Redondela son algunhas das citas que accederon a estes apoios en anteriores xeiras, segundo explica a propia Deputación. A todalidade das liñas anunciadas suman 650.000 euros de apoio a propostas culturais.