A Deputación de Pontevedra apoia a celebración de festivais audiovisuais na provincia

Destina 165.000 euros a unha liña de subvencións para entidades non lucrativas

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

As asociacións sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra teñen ata o vindeiro 11 de maio para solicitar as axudas para o desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia. O Boletín Oficial da Provincia publicaba este 10 de abril a convocatoria polo que a Deputación Provincial destina 165.000 euros a esta convocatoria, un 10% máis do que o anterior exercicio.

As subvencións están destinadas a "festivais ou certames cinematográficos na provincia que lle dediquen especial atención ao cine en galego". Os proxectos que se presenten deberán ter realizado un mínimo de catro edicións consecutivas, contar cunha duración mínima de 4 días e desenvolver un mínimo de 20 proxeccións. Destas, cando menos 5 sesións ou un 10% dos títulos presentes deben ser de produción ou dirección galegas.

A estes requisitos, as bases suman a necesidade de "incluír na programación actividades paralelas educativas ou formativas, e empregar a lingua galega na comunicación e no desenvolvemento do seu programa de actividades".

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Pontevedra, Asociacións, Deputación Provincial, Cine...