Catro liñas de subvencións de carácter cultural permanecen abertas da man da Deputación de Pontevedra orientadas a diferentes sectores. Deste xeito, as asociacións sen fin de lucro radicadas na provincia poden solicitar as axudas á actividades de carácter cultural, destinadas a aquelas "que se leven a cabo entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020" e "en especial, as actividades dirixidas á reivindicación e difusión do patrimonio material e inmaterial da provincia de Pontevedra, entre as que podemos sinalar: actividades para a posta en valor do patrimonio inmaterial propio das vilas e comarcas da nosa provincia, festivais, mostras, encontros, certames culturais, etc". A liña conta cuns fondos de 250.000 euros e tiña como prazo inicial de presentación de solicitudes ata o vindeiro 15 de abril.
O desenvolvemento de festivais audiovisuais na provincia conta coa súa propia liña de apoio público. Dotadas con 130.000 euros estas subvencións están orientadas a "festivais e certames cinematográficos na provincia de Pontevedra que lles dediquen unha especial atención á programación e difusión do cine galego e ás demais variantes lingüÃsticas de produción".
No campo de eventos musicais e de artes escénicas, a Deputación apoia "festivais ou certames musicais e teatrais de prestixio desenvolvidos na provincia de Pontevedra que dediquen unha especial atención á programación e á difusión da música e do teatro galegos, ademais doutras variantes artÃsticas, e que se levasen a cabo como mÃnimo en dúas edicións consecutivas nos tres últimos anos" cunha dotación de 150.000 euros. AÃnda que o prazo de presentación as estas dúas convocatorias remataba este 25 de marzo, a suspensión de procedementos mantén en principio aberto o proceso.
Como é habitual, a entidade provincial convoca tamén a súa liña de axudas para que as entidades dedicadas á música e ao baile tradicional poidan participar en eventos internacionais neste campo. Esta convocatoria, dotada con 30.000 euros e aberta ata o 15 de abril, contribúe a "participar en festivais, certames e concursos de ámbito internacional que se desenvolvan fóra do territorio nacional entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 e que teñan relevancia para os intereses provinciais".