A Deputación de Pontevedra acaba de lanzar a súa programación cultural para o 2021 que, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros, pretende "aviventar" o sector na provincia. Estes recursos non inclúen os preto de dez millóns de euros destinados ao Museo de Pontevedra e ás actividades culturais que se promoven desde os distintos servizos da institución aÃnda que si inclúe programas xa asentados como Pontegal (cun orzamento de 600.000 euros), Musigal (dotado con 500.000 euros) ou as subvencións para actividades culturais, festivais audiovisuais, festivais musicais ou escolas de música (480.000 euros), entre outras liñas de acción xa en marcha. "Aviventa cultura. Cultura para coller alento", como asà se denomina a programación cultural, artella unha ampla serie de actividades relacionadas coa música, o patrimonio, teatro, escrita, cinema, lingua, arte, artesanÃa e historia que a Deputación espallará por todos os concellos da provincia.
"Queremos -asegurou Carmela Silva, presidenta do ente provincial– reanimar, fortalecer, protexer, propiciar e incentivar a cultura do noso territorio tras pasar un momento crÃtico no que a cultura foi o noso gran refuxio e pasou grandes dificultades". Para iso a presidenta amosou a vontade de "dar un paso máis" e "acompañar con enerxÃa e carácter positivo á cultura sendo cómplices da creación artÃstica, fortalecendo o tecido cultural, impulsando ás e aos profesionais, dando ao público a posibilidade de gozar da cultura e vertendo novas olladas sobre o patrimonio e o territorio". Deste xeito, a programación responde, aos obxectivos de democratizar a cultura estendéndoa a todos os espazos da provincia, alzar ao sector profesional, recobrar a presenza da cultura na sociedade e economÃa, programar e respirar cultura nas rúas, alimentar a confianza do público e sentir a cultura ao vivo.
Accións novas e consolidadas
"Aviventa cultura. Cultura para coller alento" conta con dez eixes temáticos: Aviventa música, que inclúe o programas xa en marcha Música no Ar, o apoio aos RÃas Baixas Fests e o Descúbre-as (315.000 euros); Aviventa patrimonio(246.000 euros), que inclúe dous novos programas: "Tras as ameas", a programación cultural nos castelos de Soutomaior e Sobroso, e "Historias cavadas", visitas escenificadas aos castros musealizados da provincia, ademais das rutas de arquitectura e o impulso á musealización do castelo de Sobroso; Aviventa teatro (80.000 euros) coa nova iniciativa "Tornar ás táboas", cunha programación especÃfica de teatro nos 51 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes; Aviventa escrita (25.000 euros) que incluirá a programación da II edición da Escola de Letras e as Rutas Literarias; Aviventa cinema (245.000 euros) no que están integrados "Pontevedra plató de cinema" e o apoio aos festivais RÃas Baixas Film Fest, asà como unha nova campaña de difusión con accións como "A Depo en ruta polos festivais", "De feira en feira", "Que non che conten a pelÃcula!" ou "#EuSonRÃasBaixasFilmFest"; Aviventa a nosa lingua (27.500 euros) comprende ademais accións para festexar e promocionar a lingua no marco do DÃa das Letras Galegas; con Aviventa arte, artesanÃa e historia (30.000 euros) organizaranse exposicións itinerantes como "Tecendo a natureza. Enrique Táboas", "Vento nas velas", "O imaxinario do paÃs. Letras de magnesio" e "Cines de Pontevedra. Memorias dunha ilusión; Aviventa nas datas culturais (50.000 euros) estará dedicado a alimentar de actividades as efemérides relacionadas coa cultura; Aviventa a comunidade cultural (85.000 euros) inclúe a colaboración coa Culturgal e as feiras do libro 2021, asà como os premios Otero Pedrayo, Mulleres no Foco, M.ª Luz Morales e MartÃn Códax e, finalmente, Aviventa o coidado da nosa cultura integra a colaboración coas entidades que promoven a cultural vencellada á provincia como as fundacións Laxeiro, MARCO e RosalÃa de Castro e o Museo do Pobo Galego (83.000 euros).