Mondoñedo homenaxea a Xosé Vizoso no marco das San Lucas

Unha exposición e un libro fan parte dos actos que se desenvolven este 17 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Mondoñedo homenaxea a Xosé Vizoso no marco das San Lucas

Co título Sempre coas San Lucas o Concello de Mondoñedo e a asociación que organiza esta centenaria feira cabalar celebra este 17 de outubro unha homenaxe a Xosé Vizoso. O creador, que protagonizou o Día da Ilustración 2025 e que faleceu o pasado mes de febreiro, foi autor de dezasete carteis da feira, establecendo a estética coa que é coñecido o evento na actualidade.

O programa comezará cunha ruta polas rúas da vila, nas que se poderán ver os carteis realizados por Vizoso para a festa. Ás 11.45, o Auditorio Pascual Veiga acollerá a mesa redonda Evocando a Xosé Vizoso, coa participación de Sonia Meilán, Rafa Blas, Miguel Souto, Higinio Méndez, Xosé Artiaga e Antonio Reigosa. Ademais, presentarase o libro Xosé Vizoso. Sempre coas San Lucas que as persoas asistentes recibirán como agasallo. Como feche da homenaxe, o Auditorio acollerá a inauguración da exposición Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo, que se puido ver na Biblioteca de Galicia con ocasión do Día da Ilustración e que permanecerá aberta ata finais do ano.

Que che parece esta nova?
120 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Xosé Vizoso, o artista agochado

Xosé Vizoso, o artista agochado

O Día da Ilustración reivindica un creador que marcou coas súas propostas icónicas a paisaxe cultural do país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Vizoso, Feira, Día da Ilustración, Concello de Mondoñedo...