Xosé Vizoso protagonizará o Día da Ilustración en 2025

O mindoniense é o primeiro artista vivo ao que se lle dedica a efeméride do 30 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xosé Vizoso protagonizará o Día da Ilustración en 2025

A Xunta e mais a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) daban a coñecer este 23 de novembro o nome do homenaxeado no vindeiro Día da Ilustración Galega. O mindoniense Xosé Vizoso, coñecido polos seus carteis e polo seu traballo na cerámica de Sargadelos, será o primeiro artista vivo en protagonizar a efeméride que se celebra no 30 de xaneiro.

Desde a asociación profesional destacan a "ampla traxectoria" do homenaxeado, que comezou o seu traballo nos anos 60 e que obtivo en 1968 o Premio Nacional de Escultura. A declaración apunta ademais que "a súa obra destaca polo seu poderío visual e a raigame coa imaxinería e a cultura tradicional galega".

Para alén do cartelismo e do deseño, vizoso ten realizado múltiples traballos de ilustración editorial e muralismo, sempre cun estilo persoal inconfundible. En 2021 Asier Álvarez presentou o documental Xosé Vizoso e Sargadelos no que detalla o importante papel deste creador no desenvolvemento da empresa cerámica cos seus deseño.

Desde a AGPI destacan as posibilidades que abre para a celebración o feito de poder interactuar co homenaxeado nas diferentes actividades que se van realizar no marco da mesma.

Que che parece esta nova?
132 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Vizoso, Día da Ilustración, Sargadelos, AGPI...