O segundo Día da Ilustración Galega que se dedica a un artista vivo reunirá unha vintena de actividades arredor da figura de Siro López. O coñecido caricaturista e humorista gráfico protagoniza a celebración do vindeiro 30 de xaneiro e é o eixe das actividades previstas en bibliotecas de todo o país.
A Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, acollía este 22 de xaneiro a presentación desta iniciativa que coordinan a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e mais a Xunta de Galicia. A exposición Siro. A vida nun lapis na propia Biblioteca de será o principal evento da conmemoración. A mostra achega un repaso pola carreira deste artista e poderá verse entre o 30 de xaneiro e o 10 de maio. O mesmo local acollerá o día 31 dúas sesións do obradoiro Coñecendo a Siro cun lapis na man para crianzas de entre 8 e 12 anos.
Na mesma xornada, a Biblioteca Ánxel Casal da capital galega celebrará o contacontos ilustrado Pintando o humor con Siro para público de entre 3 e 8 anos. E, tamén nestas instalacións, a autora de BD Enma Ríos dará a coñecer o proceso creativo da súa obra Anzol o vindeiro 6 de febreiro, ao que se suma unha exposición de orixinais da novela gráfica Gloria, de Lola Garcerá e Pío Barreiro, ata o 13 de febreiro.
A Biblioteca pública Miguel González Garcés, na Coruña, acollerá o día 30 de xaneiro, unha sesión de contacontos sobre o mundo da ilustración, mentres o día 31 recibirá o debuxante Xosé Tomás no obradoiro Rachando gaiolas. Unha mostra sobre o traballo de Siro completa as propostas na localidade. Bea Lema, Premio Nacional do Cómic 2024, correrá co obradoiro de ilustracións con tecido e fío previsto para Biblioteca de Lugo o día 31. Para Ourense serán Sabela Gago, o día 24, e mais Pablo Oero e Mark Ritchie, o 31, quen se encarguen das actividades formativas.
A Biblioteca pública Antonio Odriozola de Pontevedra conta con Yago García para un obradoiro de debuxo o día 23 e con Polo Correo do Vento para un contacontos ilustrado o día 30. Eva Cacavelos e Nair Vilas, membros do Instituto de Investigacións Mariñas do Centro Superior de Investigacións Científicas impartirán unha formación sobre ilustración científica o sábado 31 no marco das celebracións.
Pola banda de Vigo, a Biblioteca pública Juan Compañel celebrará o día cun obradoiro de creación de mensaxes secretas dirixidas a Siro López e, o día 31, desenvolverase un obradoiro de banda deseñada da man de María Vilar e unha sesión de contacontos en inglés. As furgotecas itinerantes da Xunta, á súa vez, acollen un concurso de caricaturas sobre o propio Siro e a elaboración dun mural colectivo.
Clara Cerviño asina o cartel dese ano e o web da efeméride achega diferente información sobre o autor homenaxeado e o programa previsto, ademais de ilustracións realizadas por Agustina Shuan, Santy Gutiérrez e Tamara Baz con ocasión da data.