Siro protagoniza a exposición Oitenta e un anos e un lapis na man

O Quiosco Alfonso da Coruña acolle esta iniciativa ata o vindeiro 31 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Siro protagoniza a exposición Oitenta e un anos e un lapis na man

O Quiosco Alfonso da Coruña abría este 30 de xaneiro a exposición Oitenta e un anos e un lapis na man. O proxecto repasa a traxectoria pictórica de Siro López, coñecido ilustrador, caricaturista de humorista gráfico a través de 150 traballos. A exposición achega, a través de trece apartados diferentes, a variada produción deste artista ao longo dos últimos 54 anos.

Autorretratos, obras de fantasía, paisaxes, bodegóns, traballos de liña expresionista ou retratos conviven cos traballos polos que é máis coñecido. A inxente produción no campo da caricatura política do autor está presente nesta iniciativa través dun vídeo que recolle trescentos destes traballos. A mostra pode verse ata o vindeiro 31 de marzo.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Siro López

Claves

Protagonistas