O enxeño de Siro retrata 40 anos de autonomía

A exposición pódese visitar en Afundación A Coruña ata o 15 de marzo

10/2/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

A exposición no Parlamento de Galicia. Foto: Lau

Houbo un tempo no que os políticos do Parlamento de Galicia eran tan coñecidos que moitos deles tiñan a súa caricatura realizada por Siro López, Siro, nas crónicas políticas de La Voz de Galicia. O popular caricaturista doou os seus debuxos ao Parlamento de Galicia, quen inaugurou esta semana pasada en Afundación A Coruña 40 anos de Autonomía de Galicia nas caricaturas de Sirounha escolma de 230 debuxos a partir dos 1600 orixinais que integran o fondo. As viñetas foron seleccionadas a través da súa conexión con relevantes acontecementos da historia autonómica, aínda que se inclúe tamén unha ducia de debuxos inéditos sobre os últimos anos da política galega. Será a primeira vez que o fondo orixinal se expoña fóra do Parlamento. A exposición estará aberta ata o vindeiro 15 de marzo.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

29/01/2026

Siro: detrás da caricatura

O Día da Ilustración pon de relevo a ampla traxectoria dun creador que é historia viva do noso país

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, A Coruña, Parlamento de Galicia, Siro López...