Desde o pasado 10 de setembro a sede do Parlamento de Galicia en Compostela acolle a exposición 40 anos de Autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro. A mostra recolle unha escolma dos 1.577 orixinais que o caricaturista e humorista gráfico lle cedeu a institución en 2020 e propón un repaso pola política do país entre 1985 e 2006 mediante cadriños que foran publicados en La Voz de Galicia.
A maiores, a exposición que comisariou o xornalista Aser Álvarez recolle dez obras inéditas a xeito de contexto. Despois da súa estadía na sede parlamentar, está previsto que o proxecto expositivo percorra o país de xeito itinerante a partir do seu feche 15 novembro.
A inauguración da exposición enmárcase nas actividades organizadas para conmemorar o 40 aniversario da Autonomía galega. Durante a mesma, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, destacou que a mostra está "conformada por imaxes sempre evocadoras, desbordantes de humor e de ironía, exemplos vivos da retranca consubstancial ao pobo galego" que evidencian o "talento creativo do autor, a súa fina intelixencia e a súa profunda bonhomía".