Xesús Chichi Campos, humorista gráfico, ilustrador, guionista e escritor será a figura que protagonice o Día da Ilustración en 2024. Así o escolleu a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración logo de realizar unha enquisa entre os seus membros, naq que o nome colleitou unha ampla maioría.
A entidade organiza, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Día da Ilustración cada 30 de xaneiro a recuperar figuras históricas desta disciplina. Campos desenvolveu a súa actividade entre os anos 70 e 80 e, aínda que faleceu antes de cumprir os corenta anos, marcou a creatividade do país en diferentes campos.
Cun traballo centrado no humor gráfico, o autor desenvolveu tamén unha importante carreira como guionista na TVG así como articulista para diferentes publicacións, ademais de encabezar diferentes proxectos ou de dirixir a Galería Sargadelos en Santiago de Compostela.
En 2022 o fillo de Campos, Nico, iniciou un traballo de reivindicación do labor do seu pai que inclúe unha reedición homenaxe do libro Estampas do mundo elegante, un documental e mais unha exposición que se pode ver na Fundación Seoane da Coruña ata o vindeiro 1 de outubro.