Por vez primeira, o Día da Ilustración, que se conmemora cada 30 de xaneiro en Galicia desde 2014, homenaxea un autor histórico desta arte no noso país. A efeméride que organiza a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración en colaboración coa Consellaría de Cultura abre fogo neste 2017 a lembrar a arte de Álvaro Cebreiro. Caricaturista, cartelista e ilustrador, falamos dun autor que achegou as vangardas pictóricas ao noso país e que explorou novos ámbitos de acción.
O nome ha de lles soar a moitos por ser autor, canda ao poeta Manoel Antonio, do célebre Manifesto Máis Alá. Este texto dá unha idea da perspectiva vangardista coa que Álvaro Cebreiro abordaba a arte e da súa visión sobre o que debía ser a cultura do país. No entanto, alén dese fito, axeitadamente recollido por todos os libros de texto dedicados á Literatura Galega, Cebreiro é un autor cun extraordinario legado gráfico que agora se reivindica, este trinta de xaneiro, no Día da Ilustración 2017.
Unha carreira intensa
Desde a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, (AGPI), Alberto Guitián explica a aposta do colectivo por reivindicar esta figura. "Comezamos con el nesta primeira edición cando podería ser case un centenario do comezo da súa carreira". Algo a destacar en Cebreiro é a intensa carreira artística que desenvolveu. As súas destacadas dotes deixáronse sentir ben cedo, e aos 16 anos estaba xa a colaborar con caricaturas a A Nosa Terra, voceiro das Irmandades da Fala. "É de destacar que é un artista que brillou sendo xa moi novo", lembra Guitián Ademais, estivo vencellado desde o primeiro momento aos movementos máis contemporáneos. "Foi un representante das vangardas históricas en Galicia, e ademais non as levou a ámbitos como a pintura ou a escultura, senón que aplicou todas esas innovacións a unha linguaxe de masas como é a ilustración, e este para min é un dos seus grandes logros. Dalgún xeito foi unha rockstar da ilustración. Despuntou moi novo, era moi virtuoso e foi aplaudido polos grandes do galeguismo, como Castelao, Risco ou Blanco Amor".
Activista
Siro López, que ademais de ser caricaturista leva anos tamén a investigar a historia da ilustración no noso país, salienta que os comezos de Cebreiro danse a seguir a liña aberta por Castelao. "Cando Castelao crea a escola do humor gráfico moderno galego, ten a sorte de que o seguen un grupo extraordinario de debuxantes, entre eles Álvaro Cebreiro". Entre os seus méritos, "non só foi un extraordinario debuxante, senón que é alguén interesantísimo. Envorcouse en relacionar a cultura portuguesa e a galega, fixo moitísimas cousas e iso que tivo a desgraza de enfermar de tise, que foi algo que limitou a súa capacidade de acción".
Minimalismo
A nivel estilístico, tanto Guitián como Siro salientan a mestría que acadou o autor. "O seu debuxo posúe unha enorme destreza e elegancia, e destaca a súa capacidade de síntese, de se liberar de calquera ornamento", explica Guitián. Pola súa banda, Siro apunta que o homenaxeado "ten un don especial que é o da caricatura persoal. Para min neste campo é o mellor caricaturista galego dos que fixeron a súa obra en Galicia", explica. E é que, Siro non esquece a importancia que moitos debuxantes de orixe galega acadaron a traballar da outra banda do Atlántico. "Por exemplo, Juan Carlos Alonso, que traballou en Bos Aires, é o mellor caricaturista que vin na vida". A seguir con Cebreiro recoñece que "non cabe dúbida de que fixo tamén unha obra espléndida como humorista gráfico, pero de destacar en algo é como caricaturista persoal".
A liña
Como peculiaridade, o representante da AGPI apunta que "algo interesante é que como debuxante, e sobre todo nas caricaturas, fai trazos que semellan caligrafías ou colofóns. Hai unha mestura de debuxo que se achega á poesía ou aos caligramas". Na mesma liña, Siro apunta que Cebreiro "ten unha graza especial cando emprega a prumiña. É un debuxante de liña, na onda da caricaturas modernista que introduce Castelao. Dentro desta é probablemente o máis virtuoso e o que emprega a liña con máis liberdade. Nese aspecto é o que máis asemella ao catalán Bagaría, que era a estrela do xornal El Sol e o caricaturista máis famoso de España. Con respecto a el, Cebreiro acada un nivel similar ou mesmo superior". Canda a isto apunta tamén "o seu emprego da acuarela, co que acada un resultados prodixiosos na caricatura persoal".
Silencio
Como en tantos outros casos, a Guerra Civil parou unha carreira que prometía acadar cotas únicas no panorama da arte da ilustración galega. O autor mantivo o silencio artístico ata 1949, cando retomou as súas colaboracións coa prensa. Segundo lembra Guitián"estou certo que se non fose pola guerra tería chegado moito máis alá. A nivel persoal deume a sensación de que cando retomou o traballo nos anos 40 practicou un humor constumista, con calidade e oficio, pero sen o brillo dos seus traballos de mocidade. Claro que a situación política e social tampouco lle permitirían maiores audacias", explica Guitián. O seu falecemento en 1956, con só 53 anos, tampouco lle permitiu desenvolver a súa arte nesta segunda etapa.
Esquecemento
Malia a calidade do seu traballo, a figura de Cebreiro mantense en boa medida esquecida. "Non se percibe unha influencia directa nos ilustradores actuais", sinala Guitián, e coincide con el Siro. "Cando aparecemos os debuxantes da miña xeración, non se coñecía ben nin a súa obra, nin a de Castelao, nin a de Cebreiro ou de Maside. No meu caso as primeiras influencias foron as de La Codorniz, con Mingote. Foi despois, cando me convencín de que tiña que facer caricatura en galego que fun afondando no seu traballo, e para min foi un descubrimento esa calidade de debuxo e pictórica". Guitián, pola súa banda, admite que " hai xente que en determinado momento explora o seu estilo ou incorpora cousas. Eu mesmo tentei probar a facer cousas na súa onda, para experimentar". E é que, por desgraza, Cebreiro continúa sen ser un autor coñecido no noso país. Siro recoñece que "levei unha enorme sorpresa o ano pasado cando me pediron que fose falar na inauguración dunha rúa e dunha praza dedicadas a el na Coruña. Non podía entender que ata entón non houbese na cidade nada que o lembrase. E máis porque foi un grande coruñesista", lembra. "Non é coñecido abondo nin de broma, e o que vai sendo é grazas á familia, sobre todo polo labor de Alfonso Posse", cuñado e albacea do ilustrador, "que leva toda a vida a tentar facer comprender a coruñeses e galegos que teñen un artista dunha talla extraordinaria que está inxustamente no esquecemento".
Lembranzas
Precisamente é da man da familia que unha grande parte da obra do autor descansa no Museo de Belas Artes da Coruña. En 2009, os irmáns Pilar e Eduardo Cebreiro del Río cedían a esta institución un depósito de 234 pezas, que sumadas ás que xa estaban na institución, sumaron un total de 272. Con este material, o Museo mantén unha exposición permanente dedicada a este ilustrador, na que vai rotando diferentes pezas. Precisamente a coincidir co Día da Ilustración que se lle dedica, prorrogou ata o vindeiro 30 de marzo a actual mostra, que permite coñecer os orixinais dunha trintena de caricaturas do autor. Ademais desta exposición, os interesados en se achegar á figura deste creador, teñen no propio web deste museo un espazo que recolle algunhas das súas creacións máis destacas.Ademais, dentro das actividades do Día da Ilustración 2017, a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, acollerá unha mostra dos seus fondos sobre Cebreiro, que inclúen publicacións periódicas da época, manuscritos e outras mostras do seu traballo. Desde a AGPI tamén crearon un vídeo orientado especialmente á xente nova que repasa os principais fitos do autor e que agardan se distribúa a través das redes sociais e se reproduza en bibliotecas e centros de ensino. Poida que, con accións coma estas, a valía de Cebreiro volva brillar no noso país.