En 2022 cumpríronse cen anos do nacemento de María Antonia Dans. Ao pouco de rematar a efeméride, o Día da Ilustración reivindica este 30 de xaneiro unha faceta pouco coñecida de quen acadou en vida sona como pintora. Cunha destacada produción para prensa e libros ilustrados a partir dos anos 60, esta artista multidisciplinar e pioneira en diferentes ámbitos comeza aínda agora a se descubrir.
A diferenza doutros anos, a homenaxe á creadora que se fai con esta data non supón apenas divulgar a figura unha ilustradora esquecida, senón que se insire nunha recuperación máis ampla desta figura que se está a desenvolver desde diferentes ámbitos a coincidir co seu centenario. Deste xeito, en 2022 Dans protagonizou un número da colección "Grandes Artistas de Galicia" que publica a Deputación da Coruña. A historiadora e crítica de arte Rosario Sarmiento asinou este volume de 425 páxinas, o primeiro dedicado a unha muller neste proxecto. Nese mesmo ano, o Consello da Cultura Galega dedicoulle en novembro a xornada Revisando a nosa arte. Na mesma, Sarmiento e Carmen Pena realizaron cadanseu relatorio mentres Lois Alcayde Dans, xornalista, poeta e sobriño-neto da artista, o tamén comunicador Lois Caeiro e o alcalde do Concello de Curtis, Javier Caínzos, participaron nunha mesa redonda sobre a homenaxeada. Tamén resulta recente o anuncio do proxecto de crear unha casa museo dedicada á artista no que fora o seu obradoiro en Curtis. "Estas propostas poñen en valor a súa personalidade e tamén esa faceta que ten como ilustradora", explica Rosario Sarmiento, a recoñecer que "tanto ela como outras mulleres artistas desa xeración do franquismo comezan agora a se recoñecer e a se pór en valor".
Vídeos da xornada Revisando a nosa arte dedicada a María Antonia Dans no Consello da Cultura Galega
Pioneira e comprometida
Dans naceu en Oza en 1922, aínda que medrou en Curtis, onde se conserva a súa antiga casa-obradoiro. A súa formación pictórica veu da man doutra homenaxeada no Día da Ilustración, Lolita Díaz Baliño. A súa carreira desenvolveuse fundamentalmente en Madrid, onde conseguiu un importante recoñecemento a partir dos anos 50 cun estilo aparentemente naïf e colorido, que a crítica liga a un neoexpresionismo abstracto de liñas moi sinxelas e no que a representación dos traballos e da paisaxe posúen o protagonismo. Segundo destaca a presentación da xornada que lle dedicou o Consello da Cultura, Dans "sobre todo foi unha muller comprometida coa súa condición feminina nuns tempos en que esa actitude supoñía unha toma de conciencia e unha loita non sempre fácil por ser ela mesma. Foi unha muller adiantada ao momento histórico que lle tocou vivir, consciente da dificultade que supoñía para unha artista asumir o reto da independencia e a modernidade nos anos anteriores á democracia en España". Desde o seu falecemento, en 1988, é nos últimos anos que se está a reivindicar o seu legado.
A ilustradora esquecida
O proceso de redescubrir a faceta como ilustradora de Dans non resultou sinxelo. "Empreguei moitas hemerotecas. Na Biblioteca Nacional de España localicei obras que ilustrou nos anos sesenta e tamén descubrín estes libros nas mans de coleccionistas privados. Están completamente descatalogados, coa maior parte das editoriais desaparecidas", explica Rosario Sarmiento. Deste xeito, "está por recuperar toda esta faceta do seu traballo", do que apenas se atopan mostras a procurar pola rede. Sarmiento advirte que "malia a que esta actividade non é capital ou angular na súa traxectoria como creadora plástica", xa que a súa produción máis importante se dá no ámbito da pintura, "ten un peso importante".
O labor en prensa
Neste labor o traballo en prensa e, en particular, como ilustradora de libros infantís e xuvenís, aparecen como os seus principais focos. "Traballou para xornais como Pueblo e ABC, e para revistas como Blanco y Negro ou Tiempos Nuevos". De feito, dentro das escasas referencias que se poden atopar sobre o seu labor este ámbito, a artista fixo parte en 2019 das corenta firmas que fixeron parte da exposición Dibujantas no Museo ABC. Este centro conserva o material que Dans publicou nesta cabeceira e en Blanco y Negro, e seleccionouna para esta mostra entre as 105 autoras que desenvolveron o seu traballo no grupo editorial ao longo do século XX. Nesa exposición "foi a primeira vez que vin esas ilustracións", recoñece Sarmiento, a exemplificar a escasa difusión que conseguiron as obras da autora neste campo nos últimos anos. Na prensa o seu traballo centrouse na ilustración para textos de creación ou de especiais dos xornais. Así "en ABC xa ilustrara no 58 un conto da súa amiga Carmen Martín Gaite titulado A Tata que se publicaba os domingos". Canda a isto "en Pueblo localicei ilustracións de temas natalicios e tamén nunha colección privada atopei bastantes nadaliñas", explica a investigadora.
Os libros infantís
Alén dese traballo, "sobre todo ilustrou libros de literatura infantil e xuvenil ao longo dos anos 60. Neste ámbito "traballou para unha editora, Doncel, que daquela era referencia cunha colección chamada La Ballena Alegre". Segundo salienta Sarmiento, desta época "son bastantes libros" os que ven a luz coa sinatura de Dans na parte gráfica. "Desenvolveu entón unha grande actividade, os libros aparecen con moitos debuxos". En xeral, o estilo da creadora neste ámbito "é sinxelo e expresivo, dirixido ao público infantil, con bastantes traballos a cor e propostas en branco e negro". Dentro deste ámbito ilustrou libros como La aventura del 'Serpiente Emplumada' (Pierre Gamarra, 1962), La isla de las tortugas (Amado Gracia, 1964), El gato de los ojos color de oro (Marta Osorio, 1965) e Ángel en Colombia (Jaime Ferrán, 1967). Noutras editoras correu tamén coa ilustración de obras como Perucho (El niño que aprendió a soñar) de Ángel Lera de Isla (1965, Editora Nacional), La historia de Java (Elizabeth Mulder, 1961, Arión) ou Pedro sin sombra (Adelbert von Chamisso, 1967, Susaeta).
O estilo
No labor de Dans como ilustradora déixase sentir, para Sarmiento, "a súa posición como unha das alumnas avantaxadas de Lolita Díaz Baliño, de quen aprendeu non só a importancia do debuxo, tanto por si mesmo como aplicado á pintura, senón tamén o valor da cor. Esta aprendizaxe levouna como sinal identificador ao longo de toda a súa traxectoria". Ao seu ver, esta liña "resulta abondo identificativa, en particular polo seu uso da cor e a aposta por perfís moi sinxelos. Adapta moito o debuxo ao texto, tiña a capacidade de darlle vida ás ilustracións, conseguíalles outorgar presenza ao tempo que as conectaba coa narración". E iso sen renunciar aos seus intereses temáticos. "Tiña unha impresionante capacidade para adaptar os proxectos ao seu mundo, as mulleres e as paisaxes que protagonizan a súa obra plástica están presentes en diferentes ámbitos da súa creación", lembra a investigadora. A un nivel máis técnico, estes traballos "na súa maior parte eran tintas con cor. Como creadora empregaba acuarela, gouache... todo menos o óleo e o acrílico, que non lle gustaba nada, non lle daba o resultado de frescura que ela quería. Sempre procuraba a técnica que lle permitise dar esa forza do instantáneo". No momento en que Dans debuta neste campo non eran moi habituais as ilustradoras femininas. "Non había tantas mulleres. Aínda se están a descubrir moitas agora".
Outros traballos
Con orientación a outros públicos tamén ilustrou o libro Galicia, romería interminable de Jorge Víctor Sueiro e Amparo nieto ou a guía do Parador de Baiona. A retroalimentación entre ilustración, pintura e outras disciplinas obsérvase de xeito claro nos traballos de Dans. "Era unha muller cunha enorme facilidade para o debuxo, sabía a importancia que tiña para estruturar calquera obra", explica Sarmiento, que salienta a multiplicidade de campos nos que Dans desenvolveu o seu traballo creativo, e que quedaron eclipsados en grande medida polo peso da súa produción pictórica. "Traballou o mural, o gravado, o debuxo e mesmo realizou deseño téxtil para a marca Gastón y Daniela en Madrid, abrangue moitos ámbitos".
Reivindicacións que veñen
"Dentro das artistas mulleres da súa xeración, ela non era das menos coñecidas, pero paréceme moi ben que se comece a reivindicar, sobre todo no seu caso esta facer máis descoñecida". Nese sentido "a casa museo vai ser un paso importante". Este proxecto, que o Concello de Curtis licitou no verán de 2022 quere recuperar a casa da autora, construída en 1920, a explicar a súa vida e obra. En paralelo, o espazo dedicado a estudio acollerá un espazo que acollerá actividades de formación artística e de dinamización veciñal. "Tamén esa publicación da Deputación da Coruña ou a actividade do Consello do Consello da Cultura están a contribuír a que ela estea presente".
As actividades do Día da Ilustración
Rosario Sarmiento será a encargada de impartir, este 30 de xaneiro na sede de Afundación en Santiago de Compostela a conferencia sobre a pintora nas celebracións deste Día do Ilustración, que se poderá seguir polas redes. A xornada inclúe tamén un repaso polo traballo dos autores Bea Gregores e David Pintor e diferentes obradoiros, exposicións bibliográficas e contacontos nas bibliotecas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. En Compostela, ademais das propostas da Biblioteca Ánxel Casal, a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, acollerá a mostra bibliográfica María Antonia Dans: A maxia da cor, que se poderá ver ata o vindeiro 12 de maio. Ademais, Siro, autor do cartel desta xeira do Día da Ilustración, impartirá un obradoiro de creación. Canda a información sobre estas actividades, o web da efeméride achega tamén un vídeo didáctico sobre a autora homenaxeada e as visións de tres ilustradores contemporáneos, Aida Alonso, Xoana Almar (Cestola na Cachola) e Jano sobre o seu traballo.
Galería de ilustracións de María Antonia Dans. Fonte: Biblioteca de Galicia/ Xunta de Galicia
Orixinais de dúas das ilustracións para o conto La tata, de Carmen Martín Gaite, publicadas no diario Abc (1958).

Capa de La isla de las tortugas, con textos de Amado Gracia (Doncel, colección La Ballena Alegre, 1964).
Ilustración para La isla de las tortugas, con textos de Amado Gracia (Doncel, colección La Ballena Alegre, 1964).
Ilustracións para Perucho (El niño que aprendió a soñar), con textos de Ángel Lera de Isla (Editora Nacional, 1965).

Pedro de Soutomaior. Ilustración para a guía El parador nacional Conde de Gondomar con textos de Carmen Debén (Editorial Everest, 1968).
Ilustración para a guía El parador nacional Conde de Gondomar con textos de Carmen Debén (Editorial Everest, 1968).
Barco. Ilustración para Galicia, una cultura de occidente, con textos de Ramón Otero Pedrayo (Editorial Everest, 1982).
Peregrinos. Ilustración para Galicia, una cultura de occidente, con textos de Ramón Otero Pedrayo (Editorial Everest, 1982).