O Encontro Galego de Ilustración amplía o seu programa en 2024

Lugo acolle a actividade anual da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración entre o 19 de outubro e o 9 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O Encontro Galego de Ilustración amplía o seu programa en 2024

Unha exposición con traballos dos membros a conmemorar os primeiros vinte anos da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) preséntase como a principal novidade do 21 Encontro Galego de Ilustración. A Escola de Artes Ramón Falcón e O Vello Cárcere de Lugo acollen as actividades desta iniciativa, que amplía o seu programa e se desenvolve entre os días 19 de outubro e 9 de novembro.

Intervencións artísticas en dous escaparates da cidade, a cargo de Giovanna Lopalco e Guitián, abrirán as actividades desta iniciativa. Un obradoiro na EASD Ramón Falcón sobre 'Deseño de personaxes non normativos' da man de Eva Agra, ou a palestra 'O sentido do humor e a súa relación co éxito na carreira profesional dun ilustrador' de Mónica Rodríguez Limia ocuparán as primeiras xornadas desta iniciativa.

As propostas concéntranse no 26 de outubro coa charla 'E ti de cándo eres?' que reúne a Santy Gutiérrez e a Manel Cráneo con moderación de Neves Rodríguez, e os obradoiros 'Podería funcionar' de Leandro Barea, 'Debuxo e moito bla bla bla' de Julia Lago e 'Crea persoaxes xogando con papel' a cargo de Diego Estebo. As sesións finalizarán o día 9 un obradoiro para crianzas da man de Aida Alonso co título 'Cal é o teu libro favorito?'. As xornadas acollerán tamén a presentación dun novo Caderno AGPI.

Que che parece esta nova?
107 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Ramón Falcón, AGPI, Vello Cárcere de Lugo...