Pontevedra acolle o XXII Encontro Galego de Ilustración

A AGPI presenta obradoiros, unha exposición e conferencias os días 10, 11 e 18 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Pontevedra acolle o XXII Encontro Galego de Ilustración

Unha intervención no escaparate da libraría Seijas abría este 6 de outubro en Pontevedra as actividades o XXII Encontro Galego de Ilustración. O encontro anual da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración concentra as súas actividades nos días 10, 11 e 18 de outubro con obradoiros, encontros e faladoiros.

Deste xeito, a Facultade de Belas Artes acolle o día 10 o faladoiro "Estudié ilustración ¿Y ahora qué?", de Ío Bru, responsable da plataforma Ilustrando Dudas, que fará tamén unha revisión de portafolios. O mesmo espazo acollerá unha exposición que repasa as dúas últimas décadas de actividade da AGPI a través de traballos dos seus membros.

Berto Fojo, coa conferencia "Mal, mal, fatal" na que convida a experimentar as habilidades de debuxo, e, de novo Ío Bru a abordar "Pasión, profesión y muchos monstruos. Las claves de tu transformación creativa y profesional para una carrera de ilustración estratégica y potente" continúan as actividades o día 11 en diferentes espazos do Museo de Pontevedra.

A mesa redonda "Máis alá do papel: ilustrar a todo terreo" reunirá a Abi Castillo, Natalia Umpiérrez e Lili Algo, e a sesión finalizará un obradoiro sobre ilustración con bolígrafo. O día 18, un novo obradoiro sobre creación de cómics na Libraría Seijas completa o programa desta xeira. Para alén do escaparate da libraría Seijas que interveu Nuria Figueiredo, o da libraría D-Lectum acollerá as ilustracións de Eli García como parte das actividades do encontro.

Que che parece esta nova?
141 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Obradoiro, AGPI, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Berto...