Compostela acolle o XIV Encontro de Ilustración

Mar Malota e Giovanna Lopalco son as convidadas da edición que se celebra o 28 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Compostela acolle o XIV Encontro de Ilustración

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) convoca para o vindeiro 28 de outubro o XIV Encontro Galego de Ilustración. A xornada, que se desenvolverá en Compostela, contará coa presenza Mar Hernández Malota, ilustradora que falará da súa experiencia profesional en ámbitos como a ilustración, o audiovisual, a publicidado, ou o packaging a nivel internacional. Canda a ela, Giovanna Lopalco, italiana afincada na Coruña, falará do proceso de creación nun filme de animación e de como se adapta o traballo da ilustración a este medio. No encontro presentarase tamén o novo web da AGPI e celebrarase a Asemblea Xeral da Asociación.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Animación, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, A Coruña...