O XIII Encontro de Ilustración integra tradición e novas tecnoloxías

Contará co histórico cartelista Xosé Vizoso e co ilustrador Ignacio F. Maroto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O XIII Encontro de Ilustración integra tradición e novas tecnoloxías

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustracións (AGPI) convoca para o vindeiro sábado 29 de outubro a décimo terceira edición do Encontro Galego de Ilustración, que se celebrará no Centro Galego de Arte Contemporánea. O evento, que integra tamén a asemblea anual da AGPI olla este ano tanto á tradición como ás novas tendencias nesta arte. Así, unha das conferencias de sábado estará a cargo do madrileño Ignacio F. Maroto, experto en deseño de personaxes que desenvolve o seu traballo no campo da animación e dos videoxogos. Maroto falará sobre a súa experiencia profesional e fará unha demostración de traballo con ferramentas dixitais.

A outra charla da mañá estará a cargo do histórico Xosé Vizoso. Este ilustardor, cartelista e deseñador de Sargadelos conseguiu que a súa estética faga parte do imaxinario popular galego con deseños amplamente populares como o grifo de Estrella Galicia.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Xosé Vizoso, Animación, Estrella Galicia...