A Asociación de Ilustradores celebra esta fin de semana a súa xuntanza anual

Encontros ilustrados

23/10/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, en Compostela, acolle o vindeiro sábado a xornada anual da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). O encontro contará coa presenza, entre outros, do recoñecido autor de BD Horacio Altuna e rematará cunha homenaxe a Siro, histórico do humor gráfico galego. Ao tempo, aproveitarase a xornada para analizar diferentes cuestións legais e profesionais do mundo da ilustración e a AGPI celebrará a súa asemblea estatal. O día anterior, venres, celebrarase no marco deste mesmo evento unha sesión de traballo da directiva da Federación de Asociacións de Ilustradores Profesionais.

Máis información no web da AGPI

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Asociacións, Humor, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración...