Os ilustradores analizan o paso aos medios dixitais no seu encontro anual

A cita organizada pola AGPI celébrase o vindeiro sábado 29 en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel do VIII Encontro Galego de Ilustración

Cartel do VIII Encontro Galego de Ilustración

Os novos tempos da profesión, o traballo a dous e a problemática da dos ilustradores ante os medios dixitais son os eixes que marcan o VIII Encontro Galego de Ilustración. A cita anual da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) contará coa presenza de Gemma Cortabitarte para falar sobre a actualidade da profesión, mentres Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas explicarán o proceso de colaboración entre escritor e debuxante. Para analizar a perspectiva da ilustración ante os medios dixitais, a AGPI contará co Manuel Gago, director de Culturagalega.org, e Manuel Bragado, presidente da Asociación Galega de Editores.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Manuel Gago, Manuel Bragado, Xabier P. DoCampo...