O Encontro Galego de Ilustración da AGPI medra na súa 15 edición

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración presenta un programa ampliado para o 28 e 29 de setembro

17/9/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: artebd
33 lecturas | Compartido 0 veces

Cando se fan quince anos da súa posta en marcha, o Encontro Galego de Ilustración que organiza cada ano a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) aposta por medrar. Segundo apuntan os organizadores, "catorce anos despois, a ilustración está moito máis normalizada na nosa paisaxe cultural. O Encontro busca agora dar un paso adiante como cita pioneira en Galicia para os profesionais e dos amantes da ilustración gráfica". Como grande novidade, a cita amplíase dunha a dúas xornadas. O 28 de setembro o evento contará na súa primeira sesión con conferencias a cargo de Juan Díaz-Faes, Ana Galvañ e Miguel Galladro, que compartirán as súas experiencias neste oficio.

Para sábado 29, unha mesa redonda abordará a relación entre ilustración e industria téxtil en Galicia, con Pilar Marcó, Xurxo G. Penalta e David Pazo como Relatores. Un obradoiro a cargo de Miguel Gallardo, unha Ilustranoite de micropresentacións de proxectos de ilustración e mais unha festa de feche con sesión de Dj ilustrada completan as propostas.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares