A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración celebra este sábado 14 de novembro a décima sétima edición do Encontro Galego de Ilustración. Co lema "Mais aló do papel" e completamente virtual por vez primeira, a iniciativa abordará as posibilidades da ilustración alén do campo editorial. Segundo explica a organización "a través das experiencias de creadores en distintos ámbitos, como os videoxogos, as apps móbiles ou o mundo audiovisual e escénico, o encontro pretende ampliar a visión das aplicacións e posibilidades laborais desta disciplina artÃstica" en campos profesionais en plena expansión·
No programa, que se emitirá ao vivo e para o que cómpre se inscribir, Susy Broullón falará da súa experiencia no mundo dos videoxogos, Javi de Castro das súas experiencias como ilustrador no ámbito dixital e Montse Piñeiro tratará "a relación entre o debuxo, a pintura e a luz, sobre os distintos usos dos recursos gráficos na videocreación e o interese en xerar un diálogo entre procesos dixitais e analóxicos á hora de crear material visual" Como remate, Isabel Méndez impartirá un obradoiro sobre a protección dos dereitos de autor, a atender en particular ao que se refire á rede.