Un ano máis, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) convoca aos seus socios e mais ás persoas interesadas ao Encontro Galego de Ilustración, que cumpre a novena xeira o vindeiro 27 de outubro. Desta volta, as posibilidades da ilustración no campo da animación centran os encontros, nos que participarán profesionais do sector como David RubÃn, Alberto Taracido,Virginia Curiá, Tomás Conde, Alberto Vázquez e Julián Romero. As peculiaridades da animación 3D, a 2D, a técnica stop motion ou a produción de filmes de animación son algúns do temas que se abordarán.
Para alén das xornadas abertas ao público, que se celebrarán no Centro Cultural Novacaixagalicia de Compostela, o encontro inclúe tamén a asemblea de socios de AGPI, asà como un xantar de fraternidade e a presentación, ás dez da noite, do fanzine Compota de manatÃ.