O I Debate sobre o Estado da Ilustración analiza o panorama desta arte

A AGPI organiza este encontro o vindeiro sábado 22 en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O I Debate sobre o Estado da Ilustración analiza o panorama desta arte

A ilustración infantil, a banda deseñada, as posibilidades dos novos autores ou o mercado exterior son algunhas das cuestións que se abordarán no I Debate sobre o Estado da Ilustración. A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración organiza este encontro no que autores como Manel Cráneo, José Domingo ou David Pintor abordarán distintos aspectos desta profesión e a súa situación nestes tempos de crise. O encontro, aberto a todos os interesados, desenvolverase o vindeiro sábado 22 na sede do ‪Centro Cultural Novacaixagalicia en Compostela.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Manel Cráneo, Banda deseñada, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración...