O VI Encontro de Ilustración analizará o estado deste sector

Os autores de BD Max e Horacio Altura son os convidados desta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración presentaba este sábado o seu sexto encontro, que se celebrará o vindeiro sábado en Compostela. O evento, ademais de acoller a asemblea xeral da AGPI, inclúe senllas conferencias dos coñecidos autores de banda deseñada Max e Horacio Altuna. Canda a eles, representantes da federación estatal de ilustradores e do colectivo galego participarán nunha mesa redonda que pretende analizar o estado do sector. O programa inclúe tamén unha foto colectiva e un xantar de fraternidade. Tanto as conferencias coma a mesa redonda están abertas ao público durante a mañá.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, AGPI, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Santiago de Compostela