O humor gráfico será o eixe do X Encontro Galego de Ilustración

A iniciativa anual da AGPI celébrase en Compostela o vindeiro dia 26

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O humor gráfico será o eixe do X Encontro Galego de Ilustración

Armados de humor é o lema co que se celebra en Compostela o vindeiro sábado 26 de outubro o X Encontro Galego de Ilustración. A xuntanza anual da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) céntrase no humor gráfico e inclúe actividades abertas ao público, entre elas unha charla do recoñecido debuxante Manel Fontdevila e unha mesa redonda con Xaquín Marín, Luís Davila e Santy Gutiérrez. Unha homenaxe ao histórico ilustrador Suso Cubeiro, unha festa e a xa tradicional fotografía dos asistentes fan parte tmaén do programa do evento.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Humor, AGPI, Luís Davila, Xaquín Marín...