Co lema Máis aló do papel 2, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración convoca para este sábado 20 de novembro o 18 Encontro Galego de Ilustración. Por segundo ano consecutivo, a iniciativa mantense en formato virtual e todas as intervencións poderán seguirse pola canle de Youtube da organización.
O programa conta coa presenza de Loremi Lines, que contará a súa experiencia como ilustradora no ámbito dos videoxogos e o paso do traballo en proxectos independentes a grandes producións internacionais. Rodrigo Zayas pola súa banda, explicará "como enfocar unha carreira profesional no sector da ilustración no curto e no longo prazo" baixo o epÃgrafe "Vivir debuxando ou morrer tentándoo". Un obradoiro a cargo de Isabel Méndez explicará a problemática de "Como lidar cun contrato de edición sen que se che faga bola".
A xornada abrirá cunha homenaxe a Calros Silvar, veterano autor galego que desenvolveu un importante labor no campo da ilustración de natureza ou no deseño industrial en Sargadelos, ademais de abortar traballos de ilustrador editorial, caricaturista e humorista gráfico. O encontro estará presentado por Neves RodrÃguez e o público poderá facer preguntas por escrito durante a transmisión.