
No programa, e a conmemorar o seu vinte aniversario, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración fará un percorrido pola súa historia da man da súa presidente Laura Romero. Ademais homenaxeará os seus socios de honra cunha palestra a cargo de José Luis Carreira, que falará da súa traxectoria como docente de ilustración.
Na primeira das xornadas compartirá as súas experiencias neste campo o salmantino Tomás Hijo, autor do cartel desta xeira. Unha mesa redonda sobre mulleres na arte urbana reunirá nomes destacados neste ámbito como son Lula Goce, Xoana Almar e Diana Rodeiro (Nana), moderadas por Eva Agra.